Non hai liberación no xenocidio: chamamento mundial de organizacións LGBTIQA+ ao boicot a Eurovisión 2024

Trala negativa da Unión Europea de Radiodifusión (UER) de prohibir a colonia de asentamento xenocida de Israel, facémonos eco do chamamento palestino ás cadeas, competidores, traballadores e espectadores para que boicoteen Eurovisión 2024. Instamos a todas as persoas concursantes, incluídas as que recentemente dixeron que non se retirarían, a que consideren o seu lugar na historia e utilicen a súa voz para solidarizarse boicoteando o concurso.

Ao permitir que Israel compita en Eurovisión, a UER no só se fai cómplice do branqueamento do xenocidio, senón que tamén está axudando ao pinkwashing ou lavado rosa do apartheid israelí –explotación cínica dos dereitos LGBTIQA+ para proxectar unha imaxe progresista- mentres comete xenocidio contra 2.3 millóns de palestinas na Gaza. Eurovisión ten atraído a interese, a paixón e o apoio da comunidade LGBTQIA+ durante décadas e Israel comprende o valor propagandístico do concurso. En verbas do presidente israelí Isaac Herzog “é importante que Israel apareza en Eurovisión”.

A pesar das claras peticións do Sindicato de Xornalistas Palestinos e do movemento do BDS, xunto con artistas de Suecia, Finlandia e Islandia, a organización de Eurovisión decidiu manter a Israel na competición deste ano, declarándoa “un evento apolítico”. Isto supón un cambio de ton respecto a 2022, cando a UER botou a Rusia da competición trala invasión de Ucraína. A UER tamén ignora o fallo do Tribunal Penal Internacional que considera plausible que Israel estea a cometer xenocidio.

O cínico lavado rosa de Israel foi un elemento central da súa participación en Eurovisión durante moitos anos. Dende que topou a estratexia da “Marca Israel” no 2005, a instrumentalización por parte de Israel dos dereitos LGBT+ e os estilos de vida abertos da xente queer foi clave na súa campaña propagandística de construción de marca nacional e de ocultamento da réxime de apartheid. Eurovisión –a gran celebración da pluma e a extravagancia- presenta unha oportunidade perfecta para que Israel lave de rosa a súa negación sistemática dos dereitos do pobo palestino.

Dende outubro de 2023, Israel ten asasinado a máis de 32000 palestines na Gaza e feriu a máis de 75000. Máis de 1.7 millóns de palestines foron desprazades. As principais organizacións internacionais de dereitos humanos e os expertos da ONU informan de que Israel está a utilizar a fame coma arma contra a poboación da Gaza, e o seu asedio provoca unha grave escaseza de alimentos, auga e medicamentos esenciais. Lamentablemente, os gobernos e institucións europeas seguen a proporcionar armas, financiamento e apoio político a Israel.

Non pode haber liberación queer e trans sen liberdade, xustiza e igualdade para o pobo palestino. Durante máis de 75 anos, a réxime colonialista de apartheid de Israel roubou, oprimiu, limpou étnicamente, empobreceu, encarcerou e asasinou a palestines, fosen queer ou non. Agora vemos a soldados israelís ondeando bandeiras do arco da vella sobre as ruínas das casas palestinas que acaban de bombardear.

Israel usa coma arma a homofobia e a violencia contra as persoas queer palestinas para impulsar o seu programa colonial. Difunde propaganda racista que afirma que a Palestina non é segura para as persoas queer. Di que leva dereitos e liberdades LGBTIQA+ a Gaza, mentres mata a palestinas queer xunto cos seus amigos e familiares. Israel tenta borrar a existencia das persoas queer palestinas, pero seguen existindo e resistindo como levan facendo décadas. Agora máis que nunca é a hora de que as persoas queer de todo o mundo asumamos accións serias e estratéxicas en solidariedade cas nosas irmás palestinas.

Anímanos a decisión do Rio Cinema de cancelar a festa de proxección de Eurovisión máis grande de Londres, e os milleiros de artistas, políticos e persoas de toda Europa que xa pediron a expulsión de Israel de Eurovisión 2024. Inspirémonos no crecente movemento global pola liberación da Palestina ao mesmo tempo que intensificamos e escalamos nas nosas accións. Non se pode permitir que o negocio de Eurovisión sega coma de costume mentres Israel tenta aniquilar e limpar étnicamente a toda a poboación da Gaza.

Coma colectivos queer da Palestina e de todo o mundo, negámonos a que a réxime colonialista de apartheid de Israel instrumentalice as nosas identidades. O noso orgullo reside nas nosas loitas colectivas pola fin da colonización, a ocupación e o xenocidio en todas partes. O noso orgullo está no movemento pola liberación de todes nós. Dende o río até o mar, Palestina vencerá!

FACEMOS UN CHAMAMENTO Á COMUNIDADE QUEER GLOBAL PARA QUE SE UNA A:

  • Pedirlles ás participantes de Eurovisión que se neguen a participar nun concurso da canción que encobre o xenocidio.
  • Organizar accións creativas para facer presión nas cadeas estatais para que se retiren de Eurovisión.
  • Exixir aos locais a cancelación das festas de proxección de Eurovisión e, en troques, organizar actos educativos sobre o pinkwashing de Israel.
  • Unirse ao movemento do BDS.
  • Unirse ao chamamento de Queers In Palestine.
  • Compartir esta campaña con amigues, compañeires, amantes, vínculos e familia escollida.